A illa do doutor Moreau
A illa do doutor Moreau | |
---|---|
Cuberta da primeira edición. | |
Título orixinal | The Island of Doctor Moreau |
Autor/a | H. G. Wells |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | inglés |
Xénero(s) | Ciencia ficción |
Editorial | William Heinemann, Stone & Kimball[1] Edicións Positivas |
Data de pub. | 1896 2005 |
Páxinas | 303 |
ISBN | ISBN 8483022141 |
Tradución | Onofre Savaté |
[ editar datos en Wikidata ] |
A illa do doutor Moreau (en inglés: The Island of Doctor Moreau) é unha novela de ciencia ficción de 1896 escrita por H. G. Wells. O texto da novela é a narración de Edward Prendick, un náufrago rescatado que é deixado na illa do doutor Moreau, un científico tolo que crea ser humanos a partir de animais mediante a vivisección. A novela trata un gran número de temas filosóficos, incluíndo a dor e a crueldade, a responsabilidade moral, a identidade humana e a interferencia humana na natureza.[2] Wells describiuna como "un exercicio de blasfemia xuvenil".[3]
A illa do doutor Moreau é un clásico da ciencia ficción temperá[4] e é un dos libros de Wells máis coñecidos. A novela é unha das primeiras descricións do tema de ciencia ficción "elevación biolóxica" no que unha raza máis avanzada intervén na evolución dunha especie animal co obxectivo de elevala a un nivel maior de intelixencia.[5] Foi adaptado ó cinema e a outros medios en varias ocasións.
Foi traducida ó galego por Onofre Savaté e publicado por Edicións Positivas en 2005.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "HGWells".
- ↑ Barnes & Noble. Barnes & Noble, ed. "The Island of Doctor Moreau: Original and Unabridged".
- ↑ A descrición de Wells de A illa do doutor Moreau como blasfemia xuvenil procede da introdución de The Scientific Romances of H. G. Wells (1933; publicado nos Estados Unidos como Seven Famous Novels by H. G. Wells, 1934), véxase p. 243.
- ↑ See Mason Harris's introduction and notes for the 2009 Broadview Books edition of The Island of Dr. Moreau
- ↑ Booker, Keith M. (2014). Historical Dictionary of Science Fiction in Literature. Rowman & Littlefield. p. 311.
- ↑ Ficha Arquivado 10 de decembro de 2017 en Wayback Machine. en Bitraga